+34 986 305 000 fecimo@fecimo.es

A Asociación de Empresarios do Parque Industrial de Castiñeiras (AEPICAS) ven de renovar a Sinaletica principal do Parque empresarial.

Cun orzamento aproximado de 3.000 euros, AEPICAS, ven de desenrolar as labores de deseño, impresión e colocación da principal cartelería sinalectica e mapas de ubicación que xa son visibles nos principais acesos do Polígono e que amosan unha información actualizada das empresas presentes e asociadas a AEPICAS.

A degradación polo efecto do sol, así como polas inclemencias dalgunhas borrascas que no pasado golpearon con forza no polígono obrigaron a facer esta renovación e revisar o resto de estrutura para levar a cabo un mantemento da sinaletica presente no polígono, deste xeito e aproveitando esta situación, a Asociación, púxose en contacto de forma individual cos seus asociados e levou a cabo un mapa actualizado cos datos recadados (logotipos, ubicaciones, etc.) durante a segunda metade de 2019.

      Sinaletica do polígono de Castiñeiras     Sinaletica do polígono de Castiñeiras en Bueu, Pontevedra