+34 986 305 000 fecimo@fecimo.es

Na procura de garantir a seguridade vial e unha mellora da accesibilidade a Asociación de Empresarios do Parque Industrial de Castiñeiras (AEPICAS) coordinou xunto co Concello de Bueu o acondicionamento das beirarrúas do Polígono de Castiñeiras, obra que ven de rematarse fai tan so uns meses.

A intervención que propuxo actuar sobre unha superficie lineal de 2.023 metros e dividida en dúas partes, unha primeira de renovación e mellora das beirarrúas que xa estaban executadas pero que acusaban presenza de maleza e un alto grado de degradación e unha segunda actuación coa que se levou a cabo unha senda peonil a cada lado do vial principal do polígono.

Cun presuposto de máis de 90.000 euros que foi presentado polo Concello de Bueu a Consellería de Industria no primeiro trimestre de 2019 co que se actuou sobre as dúas fases do polígono que suman 130.000 metros cadrados e tras varios anos de insistencia por parte da Asociación na procura de melloras, o Polígono de Castiñeiras, xa presenta as beirarrúas rematadas para o ben común das empresas asentadas e para as futuras ocupacións, xa que xa son varias as empresas que amosaron interese por arrendar ou mercar algunhas das parcelas que ata o de agora permanecían valeiras pero que coas novas melloras fan do polígono un enclave estratéxico mellorado tanto para a industria do Morrazo como para aquela que teña intereses na Comarca.